» banda deseñada »  publicación
Na Vangarda
2004 | Álbum

 

Durante dúas edicións (2004 e 2005) o concurso de cómic da Xunta recibiu o nome Certame Galego de Novos Creadores Na Vangarda - Banda Deseñada. Na primeira edición (2004) o primeiro premio foi concedido a Cosme Fernández, pola obra «Non penso responder a túa carta»; o segundo, a Alberto Vázquez, pola titulada «Xilenios»; e o terceiro premio, a Emma Ríos e David Rubín, pola obra «Corredora». Na publicación engádense tamén os tres traballos finalistas: «Gaivotas», de Antonio Seijas; «Os mutantes», de Bernal; e «Cubo», de Jano. Na segunda edición (2005) o primeiro premio foi para David Rubín, pola obra «Patacas», o segundo a Alberto Vázquez, pola BD titulada «A transformación de Dinki» e o terceiro para Marcos González Álvarez, pola obra «Pistas». Nesta segunda publicación van tamén os tres traballos finalistas: «Historias absurdas», de Alejandro Cal Olveira; «Pausa», de Antonio Seijas, e «Jalik», de David Prieto Seijo, Gochi.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2004
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade anual
Depósito legal:
ISBN: 84-453-3924-9, 84-453-4117-0
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica, cartoné, 34,5 x 23,5; 30 x 22 cm, 104 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade: Galaxia, Difusora de Letras, Artes e Ideas, Dirección Xeral de Xuventude (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de Galicia), Vicepresidencia da igualdade e do benestar (Xunta de Galicia), Xunta de Galicia,

autores

bernal.jpg
Bernal
Debuxante


alexcal.jpg
Cal, Álex
Debuxante


neveira.jpg
Fernández, Cosme
Debuxante


gochi.jpg
Gochi
Debuxante


ret_jano3.jpg
Jano
Debuxante


emmarios2.jpg
Ríos, Emma
Debuxante


rubin2.jpg
Rubín, David
Portadista
Debuxante


antonioseijas.jpg
Seijas, Antonio
Debuxante


albertovazquez2.jpg
Vázquez, Alberto
Debuxante




  Noticias relacionadas

Un libro recupera o universo marítimo de Urbano Lugrís
Publicado o 23 / 12 / 2008
Dosier: Urbano Lugrís

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org